Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Regresa a festa dos maiores e o teatro ata a vila de Negreira

Barcala. Negreira acolle este sábado unha nova edición, a número 25, do Encontro dos Maiores. E vai regresar despois de dous anos de parón pola pandemia. Ademáis, programáronse cinco obras de teatro ata o mes de xuño.

A festa dos maiores, que inclúe servizo de bus nas parroquias, arrincará ca misa na Capela do Cotón ás 13.30 horas, para seguir coa actuación da charanga Tíralle do aire e o xantar popular a partir das 14.30 horas no campo da festa. A sobremesa estará amenizada polo Dúo Entrevoces.

Por outra banda, o Ciclo de Teatro traerá ata o novo auditorio o especial de Sen Cancelas Teatro sobre Tennessee Williams coas pezas curtas Fálame como a chuvia e A habitación escura, o 14 de maio ás 20.30 horas. Xa o sábado 21 será a compañía Atequerreté a que represente a obra O enredo a esa mesma hora.

As tres seguintes representacións virán protagonizadas polo alumnado da Escola Municipal de Teatro. A primeira delas vai ser Crónicas de alí e acolá, o venres 27 de maio, ás 21.00 horas. Seguirán o venres 3 de xuño coa posta en escena de Jo, qué historia, a cargo do grupo universitario, ás 19.00 horas. E xa o domingo 19 desenvolverase o Festival de Teatro Infantil e de Primaria, dende as 18.00 h. M.M.

06 may 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.