Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renovan material tecnolóxico e o mobiliario da biblioteca de Bertamiráns

A Maía. A concellería de Cultura de Ames vén de realizar melloras nos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns. Nas últimas semanas renováronse o mobiliario e os equipos tecnolóxicos e informáticos, cun investimento de 12.693,02 euros.

Dese total, 4.793,09 euros foron concedidos a través da subvención a entidades locais de Galicia para o equipamento e actualización das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e o importe restante, 7.899,93 euros, foi asumido polo Concello amesán.

As intervencións na biblioteca da capital municipal consistiron na modernización de diverso mobiliario. Deste xeito, rematouse a renovación das mesas da biblioteca, que xa se iniciou o pasado ano, cunhas novas que dispoñen de rodas para poder movelas cando é necesario e así dispor dun espazo máis dinámico e adaptable ás diferentes actividades programadas.

Na zona de lectura substituíronse os estantes dos libros e mailos sofás que xa existían, e ademais, instalouse un novo revisteiro de parede. Tamén se renovaron as mesas dos ordenadores e do equipo que se emprega para consultar o fondo da biblioteca. Pero tamén se interviu no equipamento informático e tecnolóxico: adquiríronse unhas gafas de realidade virtual e un smartphone, que estará vinculado a ditos lentes, para empregar en novas actividades a programar, e cambiáronse dous ordenadores, ademais de instalarse un moble para arquivo. M. Manteiga

29 nov 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.