Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renuncia David Gontán, edil de Compromiso na Baña

Entrará na Corporación a súa compañeira Lorena Trillo, de Lañas e vinculada a Troitosende

David Gontán cesará como concelleiro de Compromiso na Baña por “motivos persoais”, e deixará paso a súa compeñeira Lorena Trillo, de Lañas pero tamén vinculada a Troitosende, onde participa na asociación de veciños Os Pícaros.

Gontán aludía este luns a que “na mañá de hoxe veño de facer a miña renuncia como concelleiro, informei aos meus compañeiros con este comunicado que aqui comparto”, e no que deixa claro que “fago renuncia como concelleiro da actual Corporación municipal porque a miña situación personal e profesional cambiou. E non podo adicarlle o tempo que necesita este proxecto político. Un proxecto que parín fai anos e estou confiado nel. Quédome con todo o bo desta viaxe, cos amigos e amigas que aqui fixen, e o gustoso que foi traballar con todos e cada un de vos. Dou un paso a un lado, por responsabilidade, deixando a primeira liña de batalla, pero seguindo vinculado a este equipo. Quero agradecervos a todos que durante este tempo estivestes ao meu lado, nestes tempos que foron duros. Sempre sentín o voso apoio e quero manifestar que sempre estarei apoiando a César Ramos e a todo o equipo. Sen máis aproveito para decir que sempre tentei facelo o mellor que sei. Foi un orgullo ser concelleiro no meu concello. Viva A Baña e viva Galiza”.

18 oct 2021 / 20:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.