Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Respiro para os pais cun concilia nos colexios que chega en xuño

Desenvolverase nos centros das dúas urbes e Ventín desde o 23 e ata rematar ese mes

Ames. A Concellaría de Educación de Ames vén de abrir o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar, Xuño Lúdico. As anotacións poderán tramitarse ata o 3 de maio para un servizo que van desenvolver, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 7.30h a 16.00 horas. Vai dirixido ás familias empadroadas e residentes no Concello de Ames, que teñan nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria.

O Xuño Lúdico forma parte dunha serie de programas de conciliación que o Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, convoca nos períodos de vacacións escolares para axudar ás familias amesás a compatibilizar vida laboral e familiar. O programa, que se basea en actividades que combinan o lúdico co educativo e que favorecen a educación en valores como o respecto, a empatía e a igualdade, desenvolverase en Bertamiráns (CEIP da Maía) e no Milladoiro (EEI Milladoiro e CEP de Ventín).

Este concilia permite que as familias inscriban ás crianzas en función das súas necesidades de conciliación, ofertando tamén servizos de almorzo e xantar. O horario das actividades irá das 9.00h ás 14.30 hora e, para inscribirse ,as familias deberán acreditar a súa necesidade de conciliación e estar ao día no pagamento dos servizos municipais ofertados. A documentación poderá ser entregada a través do Rexistro telemático da sede electrónica do Concello de Ames. m. manteiga

26 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.