Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Retómanse os Espazos das Familias para aprender os luns no Milladoiro

Ames. Retómase no Milladoiro o programa Espazos das Familias, un punto de encontro para a formación e o intercambio de experiencias entre nais e pais. E, por primeira vez, este ano as xuntanzas realizaranse no antigo centro de saúde, de xeito semanal os luns a partir das 12.00 horas, empezando o vindeiro día 3.

Os interesados poden asistir á primeira reunión este luns, ou ben contactar co enderezo antoniogandoyeducacion@gmail.com, ou cos teléfonos 627 542 532 e 982 216 001. Espazos das Familias é unha iniciativa da asociación socio-educativa Antonio Gandoy, que conta coa colaboración da concellaría de Benestar Social e que terá como marco o antigo centro de saúde da meirande urbe amesá.

Trátanse de xuntanzas semanais orientadas ás persoas adultas con nenos menores de 6 anos, nas que poden aprender e compartir experiencias no eido da primeira infancia. Desenvolverase ata fin do curso lectivo. M.O.

01 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.