Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Retomaranse as andainas saudables no Xiro Grande dos Montes o sábado 14

A Maía. Dende a concellería amesá de Benestar Social, con Luísa Feijóo á fronte, animan a todos os veciños a investir en saúde e, de paso, sociabilizar participando nas súas andainas saudables. Os percorridos retómanse o vindeiro sábado 14 de xaneiro coa segunda etapa do Xiro Grande dos Montes na capital galega, cubrindo o treito entre Lavacolla e A Igrexa, e con servizo de bus para achegar aos participantes dende as dúas urbes. As anotacións pódense formalizar ata o vindeiro xoves ás 16.00 horas a través do QR da web ou entrando en Internet (concretamente, no sitio https://forms.gle/E2xsEB5gVdSSqot68). Hai setenta prazas, e os autocares recollerán aos inscritos na Praza do Concello de Bertamiráns, a partir das 10.00 horas, e tamén na casa da cultura do Milladoiro (pero un pouco despois, a partir das 10.15 horas). M. Manteiga

07 ene 2023 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.