Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reunión este luns para solventar os problemas co transporte vedrés

O CPI Plurilingüe sofre varias irregularidades con dúas liñas de Monbús este curso

Vedra. Xa pasaron tres semanas dende que arrancou o curso escolar e no CPI Plurilingüe de Vedra persisten os intolerables casos de retrasos, avarías e outras irregularidades que tanto a dirección do centro, como a ANPA e o mesmo Concello manifestaron e reclamaron reiteradamente ante Monbús, a empresa xestora destas dúas liñas afectadas, así como ante a Xunta de Galicia.

A petición da alcaldía e co fin de buscar unha solución, dende o goberno local informan de que este vindeiro luns, 3 de outubro, se reunirán na Dirección Xeral de Mobilidade ANPA, centro, Concello, Xunta e empresa co obxectivo de tratar de regularizar a situación de maneira definitiva cun correcto funcionamento do servizo.

“Agárdase que esta xuntanza supoña o punto e final a toda esta situación que ten en pé de alarma a toda a comunidade educativa vedresa”, apuntan fontes municipais.

Hai uns días dende a ANPA manifestaban que se están a producir retrasos, que hai autobuses que non dispoñen de cinto de seguridade, vehículos avariados que deben ser substituídos e que os interiores se atopan en condicións insalubres. Preocupa, sobre todo, a seguridade dos nenos e nenas que o usan cada día para ir ao centro. c.e.

02 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.