Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rivas anuncia en Dodro axudas de 10.500 € a mocidade para comprar vivenda

Dodro. A subdelegada do Goberno, María Rivas, destacou este xoves en Dodro que o Executivo central concederá unha axuda de ata 10.800 euros a aqueles mozos e mozas que decidan adquirir unha vivenda para uso habitual en municipios de menos de 10.000 habitantes. Esta subvención será de ata 360 € ao mes en caso de que se opte polo alugueiro. Os beneficiarios e beneficiarias deberán ter 35 anos ou menos no momento de pedir a axuda.

Rivas mantivo unha xuntanza co alcalde de Dodro, Xabier Castro, na que repasaron as principais necesidades do concello. Con menos de 10.000 habitantes, afrontar o reto demográfico é unha das súas prioridades, na que a política de vivenda do Goberno será fundamental. A subdelegada comentou as novas das últimas iniciativas con achegas para compra ou alugueiro en concellos como Dodro, e destacou o impacto desta medida na Coruña “onde 70 concellos, tres de cada catro, entran dentro na categoría”.

Estas axudas forman parte dun dos trece programas do novo Plan estatal de Acceso á Vivenda 2022-2025. O obxectivo é atraer poboación moza aos concellos máis pequenos e para elo contémplanse dúas axudas: unha á compra de vivenda, de ata 10.800 euros ou ata o 20 % do total de prezo, que non deberá superar os 120.000 euros, e outra ao alugueiro por cinco anos. Será unha axuda que cubrirá ata o 60 % da renda mensual, ata un máximo de 360 €, e será compatible co Bono de Alugueiro Xove. s. e.

20 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.