Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rois presentará querella contra a liña de alta tensión

Rois. O pleno da Corporación de Rois acordou interpoñer recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia de agosto pasado que autorizou a liña de alta tensión Lousame-Tivo, que pasa pola aldea de Angueira de Castro e polo Castro Lupario. O acordo foi aprobado cos votos a favor dos seis concelleiros do equipo de goberno do PP presentes na sesión.

Antes da votación, os tres edís socialistas abandonaron o salón de plenos alegando que non se lle facilitou o informe xurídico nin a información relativa ao expediente. A representante do BNG non acudiu á sesión. O portavoz socialista, Manuel Regueira, asegurou que xa preguntaran no Parlamento galego e que non vai recorrer o acordo plenario. “Non queremos participar desta comparsa, polo que o mellor que podemos facer e abandonar a sesión”, dixo. Pola súa banda, o alcalde, Ramón Tojo, indicou que “o grao de compromiso do grupo socialista é mínimo, tanto con esta como con outras causas”. arca

27 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.