Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rois propón un concurso de disfraces en internet

Rois. O Concello de Rois convoca este ano un concurso de disfraces en liña tras decidir suspender todos os actos presenciais do Entroido 2021 como medida de responsabilidade ante a grave situación sanitaria. A participación no concurso farase mediante un vídeo que non supere os dous minutos de duración.

Esta gravación deberá pendurarse como comentario na publicación que anuncia o concurso no Facebook do Concello de Rois ou, no caso de non contar cun perfil nesta rede social, pódese enviar á dirección cultura@rois.es para que poida publicarse. Os vídeos poderanse mandar ata o 19 de febreiro incluído e deberán estar acompañados dun título para facilitar a súa identificación.

O concurso de disfraces está aberto a todas as persoas que o desexen, independentemente da súa idade, e contará con tres modalidades: individual, parellas conviventes e grupo de conviventes. Na primeira establécense cinco categorías por ano de nacemento. No caso das parellas, son tres as categorías. O importe total dos premios é de 1.250 euros que se repartirán en vales de desconto para gastar no comercio local de Rois. arca

10 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.