Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Rúas de ida. Descubrindo a paixón polo viño’ sae á luz publicada en galego

TEO. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Teo na presentación de Rúas de ida. Descubrindo a paixón polo viño, a novela de Antonio Pardines (Santiago, 1974) e Manyo Moreira (Bos Aires, 1976) que a Xunta publica por primeira vez en galego. “Unha obra na que tan importantes son as raíces e tanto peso ten a cultura galega tiña que estar publicada na lingua propia”, dixo. A obra arra a historia de Miguel, un mozo que herdou un predio cun viñedo en Vedra que o trae de volta a Galicia moitos anos despois. A idea inicial de vender a propiedade queda desbotada cando o protagonista, en compañía duns amigos, descobre unha paixón polo mundo vinícola que o leva a emprender unha viaxe desde a Ribeira Sacra ata as Rías Baixas, afondando no folclore, as tradicións e os costumes do país. arca

14 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.