Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Santomil mira cara a Pontevedra para fixar o modelo das urbes amesás

A Maía. David Santomil, concelleiro de Educación e Axenda Urbana de Ames, vén de reunirse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a edil de Promoción da Cidade, Anabel Gulías para coñecer o seu modelo de cidade e trasladalo aos núcleos do Milladoiro e Bertamiráns con motivo da elaboración do documento municipal da Axenda 2030.

A conversa xirou ao redor dos retos que trae consigo a Axenda 2030, e a posta en común de ideas, solucións e previsións que os concellos de Ames e Pontevedra poderían aplicar de cara ao futuro. O referente urbanístico que é Pontevedra neste eido é tomado como unha das posibles guías polo Concello de Ames, polo que na reunión foron comentados aspectos variados que abarcaron desde o propio deseño urbano ata a cultura como dinamizadora do espazo público.

Santomil destacou que “Pontevedra é unha referencia en materia de mobilidade e no eido urbanístico, polo que nos pareceu interesante coñecer de primeira man o que se está a facer alí para tratar de aplicar algo semellante en Ames. Na actualidade estamos na fase inicial de elaboración do documento da Axenda 2030 de Ames” e a Axenda Urbana “vai ser o documento estratéxico cara o 2030 no que se van integrar todas as actuacións no territorio (PXOM, EDUSI, PMUS,...) e que vai ser fundamental para captar novos fondos europeos no futuro próximo”, polo que é precisa unha diagnose previa. M.M.

28 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.