Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Santos Cabanas pecha os Encontros Literarios coa súa obra ‘É todo conto?’

A Maía. As bibliotecas municipais de Ames celebran o último dos Encontros Literarios deste ano co escritor Xosé Luís Santos Cabanas e o seu libro, É todo conto? A presentación será este xoves 16 de decembro, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e con entrada libre ata completar aforo.

Acompaña ao autor o filósofo e editor Roberto Abuín, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. Con este cuarto encontro literario, as bibliotecas de Ames pechan o trimestre dunha das actividades principais do Programa de Animación á Lectura para público adultopolo que pasron Salvador Lladó, Emma Pedreira ou Alfredo Conde para presentar os seus últimos traballos á veciñanza.

É todo conto?, publicado na colección de narrativa Nume da Editorial Toxosoutos, profundiza na temática social xa presente en publicacións anteriores do autor, a través dun conxunto de pequenos relatos que falan do fascismo, do Terceiro Mundo, machismo, o rancor ou a insolidariedade.

Xosé Luís Santos Cabanas (Lavacolla, 1952) é un escritor galego de narrativa e poesía. Ten colaborado como columnista en varios medios de comunicación do país, e participou na Asociación Oliveira de Teo para a recuperación para a Memoria Histórica, ou no colectivo cultural Redes Escarlata. Ademais, foi Premio Modesto R. Figueiredo 1993 coa prosa Ahoulouuu...! Virá acompañará do autor Roberto Abuín, filósofo e editor de Toxosoutos e Axóuxere. M.M.

16 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.