Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Seis novas liñas mellorarán dende o luns o transporte escolar na Baña

Seis novas liñas de bus van substituír a partir do vindeiro luns, 26 de setembro, ás que agora prestan servizo ao alumnado do CPI San Vicente, segundo informa a Xunta. A Administración autonómica comprométese así a reorganizar o transporte escolar para adaptalo ás necesidades da rapazada que estuda no colexio da Baña e poñerlle fin a vaga de retrasos e problemas que se veñen arrastrando dende o pasado curso.

A nota da Xunta subliña que “os axustes aprobados recollen as propostas acordadas coa dirección do centro e coas familias”, o que levou á realización de novos itinerarios máis homoxéneos entre as distintas rutas para garantir a coordinación cos horarios de entrada e saída das clases. Así mesmo, incide en que a administración autonómica mantivo un contacto continuo coa empresa concesionaria dende o comezo de curso ata aprobar as modificacións nos últimos días.

Por outro lado, lembra que a reorganización das rutas repercute tamén no transporte regular de viaxeiros e se manterá a conexión da veciñanza co núcleo urbano de San Vicenzo durante todo o ano. O rexedor bañés, o popular Andrés García Cardeso, reaccionou con satisfacción ao anuncio da reformulación das rutas. Logo de reunirse a principios de xullo co xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Antonio Álvarez, o alcalde volveu falar con el o xoves pasado, coincidindo coa manifestación convocada no colexio, para urxir solucións. “Agardábamos que as novas rutas comezaran co curso e non foi así. Confiamos en que agora si empecen por fin a funcionar con normalidade dende o luns porque se trata dun servizo esencial”, remataba.

21 sep 2022 / 18:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.