Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sendas e pavimento nas Buceleiras por 250.000 €

Ames. O tripartito amesán aprobou en xunta de goberno o expediente de licitación da pavimentación das vías interiores do núcleo das Buceleiras (Bugallido). Ten un orzamento base de 250.000 euros, no Plan Ames Progresa 2021-2023, e inclúe actuacións en arredor de dous quilómetros de treitos, con reformas no asfalto e no pavimento, reparación de fochancas e sendas peonís. Neste senso, na parte sur do núcleo, ao longo dunha superficie de 1.130 metros cadrados, executarase un novo pavimento de formigón con lastras de granito, baixo os que se executarán redes de drenaxe e de alumeado público. Na parte central e leste das Buceleiras incluirán novas capas de rodaxe con aglomerado asfáltico, previa reparación de fochancas e ampliación do ancho, e crearanse varias sendas peonís de formigón, que suman un total de 555 metros de treitos. Por último, na parte norte limparanse as marxes e farán unha nova plataforma de formigón. M. Outeiro

12 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.