Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sesenta nenos gozaron con ‘Riscando o ceo’, de Circo Chosco, en Boqueixón

Boqueixón. Non hai mellor momento que o verán para poder desfrutar, sempre que o tempo o permita, das actuacións ao aire libre. Os máis pequenos e pequenas de Boqueixón están a aproveitar ao máximo o bo tempo grazas a que a localidade está a acoller varias actividades exteriores ao longo do verán. Un total de sesenta rapaces e rapazas veñen de gozar coa actuación de Circo Chosco nas instalacións deportivas de O Forte. Foi un espectáculo de maxia, acrobacias e malabares chamado Riscando o ceo.

A compañía conseguiu trasladar á cativada a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que obriga ao espectador a reformular o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de El Principito de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe co perigo e o riso.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con Agadic e, neste caso, o Concello boqueixonés. O obxectivo non é outro que fomentar as artes escénicas.

Aínda quedan máis propostas: para o vindeiro día 21 está prevista a actuación de Píscores en concerto singular no campo da feira de Lestedo ás 19.00 horas. Xa en setembro, O Mago Paco estará ás 12.45 horas tamén no campo da feira de Lestedo. c. e.

17 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.