Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sinalizada a ruta do libro bañés ‘As rapazas de Xan’

a baña. O Concello da Baña xa ten sinalizado un novo roteiro literario creado a partir do libro As rapazas de Xan, do escritor local Manuel Iglesias Turnes, pola contorna da parroquia de Cabanas. A nova chega despois da estrea dun documental sobre ese itinerario, que aínda está pendente dunha inauguración oficial e percorre dita parroquia amosando os lugares onde vivían as personaxes que Iglesias Turnes recolle na súa obra, editada por Xerais Narrativa en 2012. Precisamente, o propio literato confirmaba a nova hai unhas semanas, agardando polos desbroces. Con ese vídeo, o Concello conmemoraba o Día das Letras Galegas 2020 e animaba a veciños e visitantes a percorrer esta ruta de sendeirismo, de 7,5 quilómetros de lonxitude e unha dificultade baixa. O trazado circular está xeolocalizado e ademais de por Cabanas, pasa por Guimaráns. Os tracks para facer o percorrido pódense descargar dende a web municipal da Baña. m. outeiro

16 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.