Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Só poderán escapar da suba do IBI medio cento de amesáns

A MAÍA. O PP de Ames tivo coñecemento de que medio cento de veciños presentaron recursos no prazo regulamentado contra a liquidación do Imposto de Bens Inmobles pertencentes ao ano 2020. E outro número –aínda non concretado pola administración local– de recursos e reclamacións chegaron fóra de prazo, polo que xa non se deu opción e non se entrou no fondo, desestimándose directamente.

Os recursos presentados con posibilidade de ser estimados son un total de sesenta e oito, xa que algúns contribuíntes mediante o mesmo recurso presentaron reclamación a varias liquidacións por ser, probablemente, titulares de máis dun inmoble. Este reducido número de veciños son os únicos que poderían, no suposto caso de que se estimen os seus recursos, recuperar o importe dos cartos indebidamente liquidado pola recadación do IBI correspondente ao ano 2020.

Esta situación indica “ás claras o que se denunciou dende o Partido Popular de Ames en reiteradas ocasións: o escurantismo e a mala praxe dun goberno socialista que, de forma deliberada, non informou á veciñanza dos prazos (un mes dende o día seguinte á finalización do período de exposición pública do padrón fiscal 2020)”, indica o PP, acusando ao tripartito de utilizar todas as “argucias” legais para evitar que a inmensa maioría da poboación tivera algunha opción de presentar recurso e así evitar o sobrecargo do 13 % indebidamente cobrado polo IBI, tal e como reflicte a sentenza, xa firme. Os populares, con Ramón García Argibay á fronte, prometen informar sobre posibles recursos cando chegue o IBI deste ano. m. m.

26 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.