Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sogaps busca colaboración da veciñanza para acoller saharauís

Pon en marcha a campaña neste ano 2022 do programa Vacacións en Paz

Ames. A concellaría de Servizos Sociais colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) na campaña Vacacións en Paz 2022. A entidade busca a colaboración un ano máis da veciñanza amesá para a acollida de nenos e nenas saharauís durante dous meses de verán. As persoas interesadas poden enviar un correo ao enderezo electrónico sogaps.oficial@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 986 262 637.

O Concello e Sogaps colaboran na campaña Vacacións en Paz 2022, un programa de acollida co que centos de nenos e nenas saharauís pasan o verán en Galicia dende hai máis de 20 anos. Grazas a esta iniciativa, a rapazada pode escapar das altas temperaturas do verán nos campamentos de refuxiados e someterse a diversos exames médicos, inalcanzables na súa vida diaria. Ademais, este programa posúe un gran valor cultural tanto para os nenos e nenas saharauís como para as galegas e as familias acolledoras.

Nesta ocasión, buscase a seis familias para que acollan durante o verán a seis nenas e nenos nados no 2014, é dicir, duns sete ou oito anos de idade. O Concello colaborará co transporte, pagando seis billetes, e anima a todas aquelas persoas que estean interesadas en vivir unha experiencia única e inesquecible, e que queiran solidarizarse co pobo saharauí, a que acollan na súa casa durante os dous meses de verán a unha rapaza ou a un rapaz. Para isto, cómpre que se poñan en contacto coa asociación enviando os seus datos. arca

10 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.