Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teatro con ‘A pluma viva de Rosalía’ o 27 no Milladoiro

A Maía. O Concello de Ames propón conmemorar con teatro o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Será o 27 de novembro –ás 20.30 horas na casa de cultura do Milladoiro– coa obra A pluma viva de Rosalía, montaxe da compañía Os Quinquilláns que fala sobre a igualdade e a liberdade a partir de textos de Rosalía de Castro. A entrada é de balde e os convites deben reservarse na billeteira municipal.

Baseada nun feito real de censura á obra da ilustre padronesa, A pluma viva de Rosalía aborda o acto violento que tivo lugar no ano 1864 na imprenta Soto e Freire de Lugo nas vésperas do día no que ían publicarse catro textos brillantes, satíricos e retranqueiros da escritora.

A obra, de 90 minutos de duración, diríxese a un público familiar para trasladarlle os valores da igualdade e da liberdade. A actividade está enmarcada no programa que o Concello de Ames elaborou para a efeméride contra a violencia machista. M.O.

24 nov 2021 / 17:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.