Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teatro en Bertamiráns con ‘Gloria nacional’ o venres

Ames. A representación inaugural do programa cultural de Ames do primeiro semestre de ano será Gloria nacional este venres, unha comedia que conta a historia de Uxío Rodas, escultor e pintor de gran repercusión no seu país ao que o seu presidente lle pide unha escultura monumental que represente á súa nación.

Dirixida pola compañía Teatro do Noroeste, a representación terá lugar o vindeiro día 14 ás 20.30 na casa da cultura de Bertamiráns. Gloria nacional relata a crise existencial e de creatividade do escultor e pintor Uxío Rodas, considerado un dos artistas máis importantes da súa xeración a nivel internacional. Xa cos 60 anos cumpridos, Rodas recibe o encargo de elaborar unha gran escultura monumental que represente á nación directamente do presidente do seu país, un antigo camarada seu transformado en político moderado. Promoven a actividade a concellería de Cultura e a Axencia Galega de Industrias Culturais. M. M.

13 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.