Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teatro infantil o xoves con compromiso: ‘Ás para Álex’

a Maía. O espectáculo de teatro e monicreques de Baobab Teatro Ás para Álex abrirá este xoves 10 de febreiro a programación infantil de artes escénicas de Ames do primeiro semestre de 2022. A obra conta a historia de amizade de Álex, un cativo de oito anos con cancro ao que lle encanta o deporte.

Orientada á rapazada a partir dos 5 anos, a representación terá lugar ás 18.00 horas, no auditorio de Bertamiráns. As entradas xa poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Ás para Álex é unha peza comprometida, pero tamén divertida e cargada de tenrura. Busca mostrar o xogo e a esperanza como activos esenciais para superar calquer dificultade, así como destacar o papel das persoas que son quen de facer ver as cousas doutro xeito. Porque o caso é que Álex, un rapaz que ten como paixón o fútbol, de súpeto deixa de poder camiñar. A súa rabia por non poder xogar cos amigos cambia ao coñecer a Laura e abrirlle horizontes. M. M.

08 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.