Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teatro sobre a identificación galega: ‘Reino da extinción’

A Maía. Continúa a programación cultural amesá de artes escénicas da primeira metade de 2022, chegando á última das representacións desta etapa: a do Reino da extinción, da compañía Amorodio Teatro. Será este venres 6 ás 20.30 horas na casa da cultura de Bertamiráns, e a comedia conta a historia de catro persoas galegas de diferentes etapas históricas, que son forzadas a convivir nun alén moi distinto do que imaxinaban, poñendo a proba as ideas do público sobre que é ser galego, vivir en Galicia ou falar esta lingua.

As entradas poden adquirirse xa a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. Reino da extinción busca que o público se pregunte que é Galicia e que os define como galegos. A través da convivencia forzada entre catro personaxes de diferentes épocas, e que dende a Prehistoria ata o século XXI, e os seus encontros e desencontros, a obra presentaranos estas cuestións con retranca e con historia. A peza xorde da necesidade de pescudar nas inquedanzas que existen sobre a identidade galega como pobo, o que o define, quen o compón e cando comezou a ser galego. De feito, o título do espectáculo alude a varios elementos que definen a sociedade actual. M. Outeiro

03 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.