Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tentean ás asociacións veciñais para levar a fibra óptica por todo o rural

Ames. Blas García, alcalde de Ames, vén de enviarlle unha carta ás distintas asociacións de veciños para solicitarlle a súa colaboración nun asunto de importancia como o despregue de fibra óptica no medio rural. E é que nos últimos anos demostrouse imprescindible contar cunha conexión á rede que sexa de calidade e que permita desenvolver o traballo ou estudos.

O tripartito local afirma ser consciente da necesidade de levar a cabo todas as accións que sexan necesarias e se atopen dentro das súas posibilidades para poder atender esta demanda veciñal. Por iso, solicítase a colaboración das asociacións amesás para que acheguen información respecto dos lugares da súa parroquia nos cales actualmente aínda non se conta con despregue de fibra óptica, para dese xeito facer as oportunas alegacións ante a administración competente, así como reiterar novamente a solicitude deste servizo e que se cumpran os prazos de instalación da fibra por parte do Estado.

Pódese presentar dita información a través do correo electrónico gabinete@concellodeames.gal ata o 18 de marzo (inclusive). Para resolver calquera dúbida ao respecto pódese chamar ao número de teléfono 881 07 47 30 ou escribir un correo electrónico (ao enderezo gabinete@concellodeames.gal).

Outros concellos limítrofes, como Negreira ou A Baña, presentaron xa a extensión da fibra tanto nas cabeceiras municipais como no rural a través de empresas á marxe das multinacionais. M.M.

16 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.