Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teo votará a reurbanización do lugar de Cachóns e vías para Póboa e Feros

O plan complementario de obras consensuado irá pra Lamas, Pedreira, A Casalonga e Sisto

Teo. O pleno ordinario de xaneiro abordará este mércores en Teo ás 20.00 horas un Plan Provincial de Obras (POS) consensuado con todos os grupos da Corporación e recollendo as súas suxestións debido a que o partido que goberna en solitario apenas suma catro dos dezasete edís. E este ano unha das principais obras recollidas é a reurbanización do núcleo de Cachóns, en Oza, por 300.000 euros.

Con esta proposta farase unha actuación integral neste lugar tradicional. Pero o plan da Deputación tamén recolle o acondicionamento do viario na Póboa, cun custo previsto de 180.000 euros, e a mellora do viario en Castres e Feros cun importe de 111.172 euros. Dentro do POS complementario inclúen a mellora do viario da Pedreira (Calo); acondicionamento no Sisto; saneamento e tamén pavimentación na Casalonga e a reurbanización de Lamas. A maiores destas obras o POS recolle algo máis de 300.000 € para gasto corrente. Tamén se vota un POS adicional para gastos sociais extraordinarios de case un millón. C.G.

02 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.