Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reclaman ó Concello de Padrón que arranxe un valo que xera perigo nos accesos a Prada

Padrón. Unha veciña do lugar de Prada, en Santa María de Cruces, Padrón, María del Carmen Iglesias, afirma sentirse “impotente” ante a actitude do Concello que non termina de arranxar un valo que causa serio perigo na zona ó tempo que ao soltar pedras atranca o acceso ás casas. A afectada presentou en 2019 a primeira reclamación no Concello “e como non fixeron nada puxen sete máis, a última cando lle caeu unha pedra ao meu can, o 30 de marzo de 2021 como consta no informe veterinario”.

Iglesias asegura haber falado en varias ocasión co concelleiro Jose Ramón Pardo, pero sen éxito. “O 17 de xuño caeu un cacho do valo e chamei á Policía Local. Viñeron e sacaron as pedras a un lado, e díxenlles que así non podía quedar que lle tiñan que poñer algún tipo de contención, pero dixeron que non podían facer máis, que era privado. Falei co concelleiro e falou co propietario. Mandaron un albanel pero botou cemento a unhas pedras e o resto quedou igual”, explica. “Isto non é cuestión de arranxar un tramo ... O valo está encima dun camiño que é público. Quen ten que buscar solución? Si ten que pasar unha ambulancia ou os bombeiros, por onde pasan? Os veciños das aldeas tamén pagamos impostos”, laméntase. s. e.

09 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.