Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tizina representará ‘Búho’ este venres no Milladoiro

AMES. A compañía teatral catalá Titzina chega a Ames coa representación de Búho este venres, 3 de febreiro. Será ás 20.30 horas, no auditorio da casa da cultura do Milladoiro. A obra narra a historia de Pablo, un antropólogo forense o con amnesia severa que deberá iniciar unha busca na procura da súa identidade. Titzina é una compañía con marcada personalidade, que acadou un posto destacado no teatro contemporáneo en España. O grupo crea as súas obras a partir dun longo traballo de investigación antropolóxica, e todas se caracterizan por ser afinadas, suxestivas, fondas e poéticas. As entradas poden adquirirse na billeteira electrónica do Concello ou na propia casa da cultura, antes do comezo do espectáculo. Os estudantes con carné, as persoas maiores de 60 anos, os menores de 12 anos, as familias numerosas, os mozos e mozas con Carné Xove e as persoas demandantes de emprego poden beneficiarse dun desconto do 50 por cento. c. g.

01 feb 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.