Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trasladan as celebracións Apego do sábado á casa da cultura de Bertamiráns

A Maía. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, decidiu trasladar á casa da cultura de Bertamiráns e á praza do Chavián por mor das posibles treboadas a terceira Festa do Apego de Ames, que se celebrará este sábado 18 de xuño. As actividades ían desenvolverse no Pazo da Peregrina.

Haberá contos, música, xogos e moitos máis recursos para gozar coa e desde a lingua. Ademais, as librarías municipais, Lenda e Máinomen, en Bertamiráns, e Nenos Nais, no Milladoiro, ofrecerán un 10 % de desconto en materiais infantís en galego durante toda a xornada. O prazo de inscrición para as actividades estará aberto ata este xoves 16 de xuño. As reservas realizaranse enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal indicando as actividades ás que se quere asistir, nome e apelidos das persoas solicitantes, idade e teléfono.

A festa comezará ás 11.00 horas co espectáculo Son no berce, de Cris Collazo (de 0 a 3 anos), a única que mantén a sede no Pazo da Peregrina. Ás 12.00 horas chega, para os nenos de a partir de 3 anos, O pozo do encanto de Lydia Botana e Fabaloba. Ás 13.00 horas Cantacontos a carón da fiestra con Manolo Boquete e Ramón Feáns para toda a familia. Babaluva Teatro ofrece ás 17.00 horas a Feira das sementes, a partir de 3 anos. E ás 18.30 horas, concerto das Maimiñas para dar paso á actuación do grupo Migallas (20 h.). Haberá espazos de xogos, Apego e recursos. M. Outeiro

16 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.