Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tres mil euros para o premio amesán Lingua e Empresa

Ames. O Servizo de Normalización Lingüística e o departamento de Promoción Económica de Ames divulgan o III Premio Lingua e Empresa para recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial. Optarán aos galardóns (3.000 € en total, máis campaña de difusión) todas as empresas, con sede social ou centro de actividade na capital maiá, propostas por calquer persoa ou a mesma entidade. Prazo ata as 14.00 h. do 16 deste mes.

Segundo a organización, valorarase o uso do idioma galego tanto no referente á comunicación externa como á interna (por exemplo, en ámbitos como a páxina web e redes sociais, sinalética e comunicación do establecemento empresarial, na atención ao público ou en campañas publicitarias, entre outros). Asemade, será tamén de relevancia a comunicación interna co persoal ou entre os diferentes departamentos ou calquera outro mérito que a propia empresa queira salientar neste ámbito.

As candidaturas presentaranse telematicamente, a través da sede electrónica ou cubrindo unha instancia e achegando o modelo-ficha habilitado na web, mentras que a documentación aportada poderá presentarse nos rexistros das urbes. o.d. vilar

11 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.