Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tributo a cinco traballadores municipais tras vintecinco anos

A Maía. O Concello de Ames vén de renderlle tributo a cinco traballadores que cumpriron 25 anos de servizo durante o ano 2021. E como agradecemento polo seu labor, recibiron un pequeno agasallo nunha recepción no salón de plenos do consistorio diante de representantes do tripartito, da oposición e dos sindicatos. As persoas homenaxeadas foron Pablo Moure, da Policía Local; José Lagares, do Departamento de Cultura; Vicente Fernández, conserxe do IES de Ames; Mónica Agrafojo, telefonista, e Teresa Zapata, de Bibliotecas.

O acto, igual que o do ano anterior, desenvolveuse sen que finalmente puidera ter lugar o acto de brinde de Nadal, que foi cancelado tras anunciar a Consellería de Sanidade a prohibición de eventos de pé con aperitivos. Malia esta cancelación, mantívose a celebración do acto, no que cinco traballadores e traballadoras municipais recibiron o recoñecemento do Concello e un pin conmemorativo como pequeno agasallo.

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, quixo gabar o labor do persoal técnico de Ames, así como a súa entrega durante diferentes mandatos e cores políticas. “O verdadeiro motor do concello son elas e eles, xa que nós estamos de paso, pero os e as traballadoras seguirán estando. Teresa, Mónica, Lagares, Vicente e Pablo levan unha gran parte da súa vida ao servizo da veciñanza, e é de agradecer e poñer en valor o seu traballo e a dedicación”, apuntaba xunto aos seus edís. M. Manteiga

24 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.