Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trouleando anima a baixar en hidrospeed o Ulla o 21

Ames. A concellaría de Mocidade propón neste mes de maio unha xornada de hidrospeed no Ulla, unha actividade do Trouleando que consiste en descender polo río a bordo dunha táboa acuática flotante coa propulsión dunhas aletas. Será o próximo sábado 21 de maio, nas proximidades de Padrón, con dúas quendas de mañá e tarde dende Bertamiráns e o Milladoiro. As persoas interesadas poden inscribirse enviando a ficha de inscrición da web cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o martes 10 e o venres 13 de maio. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009). Este deporte de augas bravas consiste en descender polo curso do río en contacto directo coa auga. Para isto empregarase un hidro, unha especie de paneis aerodinámicos deseñados para navegar por estas zonas, similar a unha táboa de bodyboard, pero de maior volume. M. O.

10 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.