Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Últimas 29 vacantes na Escola Municipal de Teatro para empezar este mes

A Maía. Volve estar aberto o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames, co fin de que aquelas persoas que o desexen poidan formalizar a súa anotación e ocupar os 29 ocos que restan nos diferentes grupos. Para inscribirse, cómpre cubrir o impreso normalizado e presentalo na sede electrónica, ou con cita previa nas oficinas do rexistro das urbes.

As clases comezarán o martes 20 en Bertamiráns e o mércores 21 no Milladoiro, e hai que lembrar que foi a concellaría de Cultura a que puxo en funcionamento en 2021 o servizo. Tras o primeiro curso, nos meses de xuño e xullo estiveron abertas dúas convocatorias para a renovación de prazas e para as novas inscricións nos grupos nos que quedaron ocos. Agora, e coa entrada no mes de setembro, reábrese o prazo de inscrición para as vacantes aínda dispoñibles.

En total restan unhas 29 prazas libres, repartidas entre as diferentes franxas de idade e as dúas localidades nas que se imparten as clases, Bertamiráns e O Milladoiro. Deste xeito, para o grupo de teatro infantil e xogo dramático de 3 a 6 anos hai 6 prazas libres en Bertamiráns e 8 no Milladoiro; para o grupo de 7 a 12 anos hai unha praza unicamente no Milladoiro; para o grupo de máis de 12 anos hai dúas vacantes en Bertamiráns e oito no Milladoiro e, por último, no grupo municipal, que é para maiores de 18 anos, quedan 4 libres. Todas as clases son de unha hora á semana, agás as dúas do grupo municipal. M.O.

07 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.