Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un axente forestal atopa o octoxenario desaparecido na noite do domingo en Rois

O home estaba en bó estado // O 112 solicitou para o operativo de busca a colaboración dos equipos de Medio Rural

    Catro axentes forestais e tres Brigadas de bombeiros forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia participaron na xornada de hoxe nun operativo de busca no Concello de Rois. A persoa desaparecida foi atopada pola mañá –en torno ás 12.00 horas- por unha das axentes forestais no monte de Vilar de Abade, na parroquia de Sarribas, no Concello de Rois. Segundo a información facilitada polo equipo desta operación, o home de 80 anos de idade estaba en perfecto estado de saúde.

    Na noite do domingo, 2 de maio, rexistrouse unha denuncia por desaparición dun home en Rois, polo que o 112 iniciou o procedemento habitual nestes casos cun equipo formado por catro axentes forestais de dous distritos –Barbanza e Santiago-, tres brigadas de persoal das brigadas de bombeiros forestais –tamén destes distritos-, persoal da Guardia Civil e de Protección

    Civil.

    Félix Pérez de la Fuente, presidente da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Aprafoga), sinalou que dende a Asociación consideran “moi necesario traballar en equipo e colaborar entre os distintos profesionais, polo que agradecemos que se contase con membros da nosa organización neste operativo”. “Os axentes forestais estamos dispostos a colaborar en todas as accións nas que poidamos ser de axuda”, engadiu.

    03 may 2021 / 18:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.