Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un motorista ferido tras unha colisión de dúas motos en Mazaricos

O 112 Galicia rexistrou na tarde de hoxe un accidente no que se viron implicados dúas motos que circulaban pola AC-400, ao paso polo concello de Mazaricos. Como consecuencia do impacto, un dos motoristas sufriu lesións de consideración, polo que foi evacuado ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.

Tras a colisión, unha das motos comezou a arder e foi necesaria a intervención dos membros do GES de Mos para atallar as lapas, que consumiron por completo o vehículo.

Preto das catro horas o 112 Galicia recibiu un aviso dos profesionais sanitarios, que solicitaban a colaboración dos equipos de intervención para restablecer as condicións de seguridade na vía despois da colisión. Así, para prestar apoio aos equipos de intervención desprazados, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos efectivos de Protección Civil de Mazaricos e ao servizo de mantemento das estradas.

07 may 2022 / 19:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.