Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un novo encontro literario o xoves con Ana María Veiga

A Maía. As bibliotecas municipais amesás acollen no seu terceiro encontro literario do ano á escritora Ana Veiga, que presentará o seu primeiro libro La sonrisa permite respirar al alma. Será este xoves 3 de marzo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20.30 horas.

Acompañarán á autora Josefa F., amiga da escritora, e a pandeireteira María Fabiola, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González, e tamén a concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo. O evento, con entrada libre ata completar aforo, é parte da programación do 8M do Concello de Ames.

O departamento de Bibliotecas de Ames organiza deste xeito o que é o seu terceiro encontro literario do presente ano 2022, unha das súas principais actividades de animación á lectura dirixida ás persoas adultas. Con anterioridade, interviu o escritor e músico Miguel Alonso, que presentou a súa segunda novela, O caso dos amantes de París.

La sonrisa permite respirar al alma, da Editorial Tepublicamos, é o primeiro libro da escritora local Ana Veiga, e integra historias curtas que busca motivar, axudar, apoderar ás mulleres que teñen unha discapacidade ou que están pasando unha doenza. A través de máis de cen relatos, a autora conta como as súas vivencias lle ensinaron que a través da dor se pode chegar a ser máis forte e empática. M.M.

02 mar 2022 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.