Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 30 junio 2022
14:08
h

Un programa vai mellorar as relacións nas familias

A Maía. A edil de Benestar Social de Ames, Luísa Feijóo, vén de presentar o programa Competencias familiares xunto ao director de Igasex, Carlos Rosón; a educadora familiar, Soraya Añón; e o coordinador da Oficina do Voluntariado, Rubén Ramos. A iniciativa nace coa idea de que todos os nenos precisan medrar nun clima protector e alentador, e busca dotar a pais, nais, fillos e fillas de distintas ferramentas para mellorar a súa relación. Están enfocadas a incrementar as competencias parentais, mellorar as habilidades vitais, sociais e de conduta dos fillos e reducir ou previr o consumo de alcol e drogas. Foi posto en marcha pola concellería de Benestar Social en colaboración con Igasex coa fin de capacitar aos menores de 7 a 12 anos e as súas familias para mellorar as relacións familiares. Durante 4 meses, os participantes van traballar aspectos como a disciplina positiva ou a cohesión familiar. Comeza o día 16 no Pazo da Peregrina. M.M.

11 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.