Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un singular saúdo dos Reis ós rapaces de O Sar e de Lalín

A COVID fixo que en 2020 foran unhas festas de Nadal atípicas e tamén serán diferentes neste 2021 as tradicionais cabalgatas, xa que como non podía ser doutro xeito, os Reis Magos van manter as distancias de seguridade pero sen esquecer o seu saúdo ás nenas e nenos dos concellos das comarcas de O Sar e Deza.

Videoconferencias, tren eléctrico o saúdos nas habituais paradas de bus, estas son as fórmulas escollidas nos concellos de Rois, Lalín ou Padrón para que as súas Maxestades leven a ilusión aos rapaces da zona.

En concreto o vindeiro día 5, víspera da Festa de Reis, Melchor, Gaspar e Baltasar falarán con todos os nenos que reservaron cita para a videoconferencia en Rois.

Pola súa banda, en Padrón os Reis Magos saudarán ós máis pequenos nos mesmos puntos nos que paran os autobuses das liñas locais. Este novo formato da Cabalgata foi elixido polo Concello, según explican, “para manter viva a ilusión dos nenos e nenas da vila” e co obxectivo de “evitar as aglomeracións e procurar que as familias poidan ver aos Reis sempre cunha distancia prudente”.

En Dodro, pola súa banda, instalaron na Praza do Concello, un buzón para recoller as cartas de todos os veciñ@s, pequenos e maiores, para que os Reis Magos recollan as súas peticións.

Asemade, as súas Maxestades de Oriente xa se atopan de camiño a Lalín nos seus camelos -aos que darán un merecido descanso o día 5- e vanse xa preparando para viaxar en tren turístico ao longo de toda a xornada do vindeiro martes polas rúas do casco urbano e tamén polas inmediacións do núcleo urbano. Deste xeito cos pases en tren das súas Maxestades durante o día 5, os nenos poderán ir saudándoos de forma progresiva. Así mesmo tamén se facilita que os cativos do rural poidan achegarse a velos.

No casco urbano, os rapaces poderán ver aos Reis desde os seus balcóns e ventás. Os das parroquias poderán acercarse ao núcleo urbano.

03 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.