Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha ruta para reforzar a saúde na beira do Sar

Ames. A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde de Ames continúa en maio co seu programa de andainas saudables, nesta ocasión cunha ruta pola beira do río Sar. O traxecto, de aproximadamente nove quilómetros, partirá de Bertamiráns para percorrer diferentes espazos naturais maiáns. E chegará este sábado 21 de abril, dende a praza do Concello da capital ás 10.30 horas.

Os interesados en sumarse poden inscribirse no enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves 19 de maio, ás 14.00 horas. Ademais, haberá servizo de autobuses dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10.15 horas. Esta andaina chega despois da das Leiteiras en Carnota, e todas elas realízanse nas fins de semana e celébranse unha vez ao mes dende o pasado setembro. Neste 2022 xa se programaron 5, que complementan ao programa semanal SaúdeAndo con percorridos máis esixentes. M.O.

17 may 2022 / 16:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.