Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unhas catro mil persoas teñen xa o carné das piscinas descubertas

O prazo para solicitalo está aberto ata o 12 de agosto e as instalacións usaranse ata setembro

Ames. As piscinas ao aire libre dos dous núcleos urbanos de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, para as que cómpre contar con abono, e da área recreativa de Tapia, de acceso libre, están a gozar dunha ampla demanda da veciñanza amesá nun mes de xullo marcado polas altas temperaturas.

As instalacións, que estarán en activo ata o 15 de setembro, abren ao longo do día de 11.00 a 21.00 horas, e acollen outras actividades, como os cursos de natación ou sesións de aquagym e ioga. Neste senso, a concellería de Deportes alcanza xa a mediados de xullo a cifra de 1.200 carnés emitidos. Estes rexistros fan un número estimado de 4.000 persoas usuarias.

Dende o Concello lembran que o prazo para solicitar os abonos para as piscinas descubertas remata o venres 12 de agosto, con diferentes opcións e prezos. O carné familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) custa 20 euros; o individual para toda a tempada, uns 14 euros, e o abono de tempada para menores de 18 anos, uns 7 euros.

Tamén hai abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 para menores de 18 anos. Os menores de 4 están exentos de pago. O terceiro irmán/a en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50 %.

Para solicitar a tarxeta de persoa usuaria é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada escaneada (tamaño carné) por cada nova alta, ou ben o carné do ano anterior escaneado se fose o caso, e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria. Dende o goberno local solicítase que, na medida do posible, se descargue a documentación dende a páxina web e que se solicite a folla de autoliquidación por correo electrónico para despois facer o correspondente pago.

As persoas interesadas poden solicitar máis información chamando ao número de teléfono 981 535940 (oficina de Deportes do Milladoiro) ou no 619 842 504 (oficina de Deportes de Bertamiráns), en horario de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00. C.G.

19 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.