Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Uns 600 vedreses desfrutan das propostas culturais e deportivas locais

Vedra. Arredor de 600 veciños e veciñas de Vedra desfrutan neste curso 2022-23 das propostas culturais e deportivas postas en marcha polo Concello. Tal e como indican fontes municipais, a oferta é moi ampla e variada.

No eido cultural destacan actividades como pintura, xadrez, manualidades e a escola de inglés. Estas iniciativas reúnen un total de 136 persoas inscritas, que desfrutan de luns a sábado destas propostas que se desenvolven en distintos espazos municipais e en horarios “que buscan sempre favorecer a conciliación”, segundo apuntan dende o goberno local.

No eido deportivo as actividades municipais para escolares chegan a 152 matrículas con posibilidades como ximnasia rítmica, predeporte, baloncesto, bádminton, karate ou patinaxe. Mentras que para persoas adultas a variada oferta pasa por aerobic, aerobic látino, GAP (glúteos, abdominais e pernas), Hit Training Adestramento interválico de alta intensidade ou Soft Training Adestramento interválico de baixa intensidade, pilates e actividades fisícas para maiores de 60 e para a terceira idade. “Entre todas chegan a 380 matrículas”, subliñan fontes municipais.

Asemade, de luns a venres de 16.00 a 23.30 horas, as setenta persoas usuarias poden gozar dos servizos das instalacións do ximnasio, unha alternativa que conta cada día con máis persoas adeptas, segundo indican dende o Concello. En definitiva, ofertas para todos os gustos e idades ao longo de toda a semana. c.e.

28 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.