Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vaise desenvolver unha plataforma web e móbil para axudar ao comercio

As empresas poderán rexistrarse para ofrecer os seus produtos á cidadanía // Posibilitarase a compra e os pedidos en liña

Ames é un concello que conta cunha ampla oferta comercial, sobre todo nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Tras a implantación de aplicacións informáticas que permiten a xestión de espazos, nace agora a demanda da posta en valor dos recursos existentes no comercio local.

Neste contexto, co obxectivo de aproveitar o potencial que ofrecen as novas tecnoloxías para conseguir unha maior eficiencia na xestión dos recursos públicos, a xunta de goberno local vén de aprobar a licitación do expediente de contratación para levar a cabo o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local entre os veciños e veciñas do concello de Ames.

Deste xeito, as empresas e comerciantes do municipio amesán poderán rexistrarse na web para ofrecer os seus produtos á cidadanía quen, ao tempo, poderá comprar e realizar pedidos en liña directamente desde o móbil.

Esta actuación contribuirá a favorecer a integración e o acceso ao comercio local en igualdade de condicións de todas as persoas que residen no municipio. Tamén a aproveitar o potencial que ofrecen as novas tecnoloxías para conseguir unha maior eficiencia na xestión dos recursos públicos e mellorar o acceso aos servizos públicos a través das TIC.

O contrato Desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local do concello de Ames ten encaixe na liña LA2, Plan de aplicación das NTIC´s á xestión eficiente dos recursos municipais e a prevención de riscos, da estratexia DUSI Impulsa Ames e que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo Plurirregional de España FEDER, axustándose ás categorías de intervención ás que haberá que atribuír o gasto da operación.

A versión web estará dispoñible para as tendas e comercios do municipio que se adhiran ao programa e para os cidadáns para consultar e interactuar cos comercios rexistrados. Requírese unha aplicación móbil operativa en IOS e Android.

26 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.