Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Val do Dubra e Trazo únense para crear unha brigada medioambiental

O material adquirido para levar a cabo o servizo supera os 120.000 euros, dos cales 84.000 proveñen dunha axuda da Xunta

Val do Dubra. O concello de Val do Dubra e o de Trazo comezarán o ano 2021 creando unha brigada medioambiental para dar un maior servizo a súa veciñanza. Os dous concellos acaban de facer unha inversión de máis de 120.000 euros para a adquisición dun camión basculante con grúa, outro dotado de gancho multilift con seis caixas intercambiables e un remolque provisto cun equipo de limpeza a presion e equipo de desatascos. Para a compra destes vehículos conseguiuse unha axuda por parte da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental, de 84.000 euros. Os alcaldes de ambos concellos destacan a importancia de dispoñer destes novos equipos, que ademais contan con distintivos ECO, polo cal estas inversións van na liña dos Plans de Acción contra o Cambio Climático (PACES) recentemente aprobados por Val do Dubra e Trazo e para os cales tamén conseguiron o 100% de axuda para a elaboración dos mesmos.

31 dic 2020 / 17:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.