Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra apoia as propostas culturais con ata 2.000 €

Vedra. O Concello de Vedra recorda que está aberta a convocatoria de subvencións para a realización de actividades culturais levadas a cabo por entidades sen ánimo de lucro no termo municipal durante o exercicio 2021. Trátase dunha aposta da concellería de Cultura por e para o apoio ao movemento e actividades asociativas que se realizan na vila.

Dende o goberno local explican que “ben sabido é que coa nova realidade o número de propostas é moito menor e estas limítanse moito coa nova normalidade pero non por iso desaparecen”, argumentan fontes municipais. “E é por iso polo que o Concello continúa a ofrecer este apoio que dará ata un máximo de 2.000 euros a cada proposta presentada”, indican.

A contía total da presente convocatoria ascende a 12.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o vindeiro venres 30 deste mes. A.P.

07 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.