Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra estuda a economía baixo demanda no marco dun programa europeo

Está financiado polo proxecto Erasmus+, arrancou en 2019 e finalizará en 2022

Vedra. Vedra é un dos oito socios do proxecto Entering the Gig Economy, financiado no marco do programa Erasmus+, liderado polo Consello do Condado de Meath (Irlanda) e no que participan organismos e municipios de Italia e os Países Baixos. A iniciativa ten como finalidade “abordar riscos e oportunidades do autoemprego e capacitar aos mozos que queiran ingresar neste mercado”, sinalan dende o Concello.

O proxecto, que arrancou o pasado setembro de 2019 e se desenvolverá ata febreiro de 2022, investiga a realidade da economía Gig para tirar partido dela. “Coñecida en ocasións como economía baixo demanda, este modelo nace dun mercado no que se mesturan oportunidades vinculadas ás novas tecnoloxías e contratos temporais”, explican fontes municipais.

O obxectivo é saber se este modelo “pode ser unha saída a novos xeitos de traballar, un modelo económico prometedor no que é máis doado liberar a creatividade ou, pola contra, é unha idea pasaxeira e inadecuada”, sinalan.

Vedra aportou dez expertos da Universidade de Santiago, EFA Galicia, Xunta de Galicia, Confederación de Empresarios da Coruña e outros. O grupo contribúe a avaliar a calidade da inicativa e as actividades de difusión. A.P.

25 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.