Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

da Camelia

Vedra. O Concello de Vedra inicia cun maratón de montaña a programación arredor as xornadas da Camelia. Este sábado e domingo, o Club Vértice propón ata 4 probas diferentes nas que a beleza da paisaxe do Val do Ulla será a verdadeira protagonista.

Mañá sábado será a subida ao Pico Sacro, unha proba cun percorrido de algo máis de tres quilómetros. Xa o domingo, o primeiro será o VII Maratón por Montaña –a estrela desta fin de semana–, unha proba con case 43 quilómetros de percorrido.

Tamén o domingo será a quenda do trail e a andaina que contarán con algo máis de catorce quilómetros. Nesta ocasión presentan unha nova disciplina, estreándose o Pequetrail para a cativada con tres categorías e percorridos diferentes.

A organización leva traballando meses para que todo estea listo e preparado nesta fin de semana para as 451 persoas participantes.

Este é o punto de saída a case dous meses de programación cultural, deportiva e turística arredor da camelia, con obradoiros, excursións, visitas teatralizadas, espectáculos musicais, probas deportivas. Toda a información está dispoñible na web municipal www.concellodevedra.gal. redacción

03 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.