Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra pretende pór en marcha o centro de emprendemento da estación no verán

VEDRA. O Concello de Vedra aprobou en pleno solicitar á Deputación Provincial o apoio necesario para a posta en marcha do Centro de Emprendemento A Estación. Hai que lembrar que a vella estación de tren de Santa Cruz está conformada por un vagón con historia (é a última unidade da serie 593 de Renfe), por unha nave e un edificio. Agora que o proxecto para convertela en todo un centro de emprendemento está finalizado; o Concello pide tamén a inclusión do espazo na Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación. A idea é que a partir de xullo comece a funcionar como un espazo de traballo colaborativo no que se ofreza un servizo público orientado aos emprendedores e ás empresas. A vella estación de tren leva máis de 20 anos en desuso e ata o momento só servía como zona de carga e descarga de madeira, función á que agora se sumará a de centro de emprendemento. O vagón foi galardoado nos Premios Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020 e nos Red Clima. Trátase dun espazo eficiente enerxeticamente ao nutrirse de enerxía solar. Consta de tres espazos diferenciados que parten dun auditorio para presentacións, continúan nunha sala de traballo e rematan cunha sala de reunións cunha mesa que pode ser agochada no solo se fose necesario. A.P.

29 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.