Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra realizará mañá un percorrido online pola vida campestre de Merín

A iniciativa forma parte dunha proposta do goberno que mostra a vila a través de vídeos

Vedra. O Concello de Vedra, a través da técnica de Turismo, Charo Canicoba, continúa a amosar cada venres deste mes un pouco máis da historia da parroquia de Merín. A iniciativa forma parte do programa V 12 De Parroquia en Parroquia, unha proposta que trata de descubrir Vedra ao mundo a través de vídeos nos que Canicoba vai percorrendo unha parroquia por mes. En cada peza audiovisual poden descubrirse o patrimonio, a paisaxe, a cultura e a tradición de todos os recunchos do municipio.

Mañá mostrarase a través da páxina de Facebook @turismoVedra ou na web www.concellodevedra.com o terceiro vídeo arredor de Merín. Neste caso “encárgome de falar do gando, das vacas, os porcos ou as galiñas. É dicir: centrareime no campo”, adianta a técnica de Turismo.

O vindeiro venres 26 a cuarta e última peza sobre esta parroquia enfocarase en relatar como era un día de traballo para os campesiños e campesiñas do lugar. “Abordarei asemade come eran os labores dos máis pequenos, xa que dende moi novos axudaban no campo”, relata.

No primeiro vídeo sobre Merín, Charo Canicoba relatou como vivían os nosos avós, como moceaban, como eran os enterros ou as escolas. Non faltaron os recursos patrimoniais. No segundo, Pilar, unha veciña de 88 anos, tomou a palabra para contar como era a vida cando era nena. Aproveitou este repaso para relatar procesos como a malla ou a matanza. Para o vindeiro mes de abril cada venres coñecerase un aspecto de San Miguel de Sarandón, e por suposto, cobrará protagonismo a famosa Festa do Viño. A ruta prevista para maio terá lugar por San Pedro de Sarandón.

En xuño, a protagonista será Illobre e en xullo, San Mamede de Ribadulla. Para agosto farase un itinerario pola historia e a arquitectura popular de Vilanova, setembro centrarase en San Fins de Sales e en outubro, o percorrido será por Trobe. A. PRADA

18 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.