Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Venres de contacontos musical e terrorífico da man de Rilo e Penadique

A Maía. O programa Apego amesán arrinca o mes de novembro cun contacontos musical terrorífico para celebrar o Samaín cos máis cativos. Historias con susto para durmir a gusto é un número repleto de música, historias e algún susto para achegar ás crianzas ao conto tradicional, presentado por Vero Rilo e Sonsoles Penadique, dúo formado en 2017 e que, dende entón, divirten aos nenos. O espectáculo, pensado para familias con rapaces a partir dos 5 anos, terá lugar o venres 4 de novembro ás 19.00 horas, no xardín do Pazo da Peregrina de Bertamiráns (ou, en caso de que chova, no interior). Para participar é preciso inscribirse (o prazo rematará este xoves 3) enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos dos asistentes, un teléfono de contacto e a idade dos nenos. M.M.

01 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.