Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vinte e dous mozos na neve coa Deputación

A Maía. Ames participa un ano máis na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña, nesta ocasión na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. E malia contar orixinalmente con trece prazas na segunda das cinco quendas de concellos, finalmente puideron viaxar vinte e dous mozos maiáns entre os días 21 e 24 de xaneiro.

Ademais, outros cinco amesáns van acceder á terceira quenda, que terá lugar dende este venres 28 ata o luns 31 de xaneiro. En total, foron un cento os mozos de entre 11 e 15 anos os que viaxaron a pasada fin de semana á estación asturiana de esquí, co fin de gozar da neve e do deporte en grupo. Na expedición tamén viaxou rapazada de Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, O Son, Rianxo, Ribeira e Rois, aos que lles correspondía participar na segunda das cinco quendas que organizou a Deputación, entre o día 14 de xaneiro e 21 de febreiro. m. Outeiro

29 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.