Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Visita dos alcaldes de Ames e Brión ás recentes obras do Obradoiro de Emprego

Comprobaron sobre o terreo as vantaxes enerxéticas que obteñen varias instalacións municipais tras a súa mellora // As empresas que contraten, por un período superior de tres meses, a alumnos/as deste taller recibirán unha subvención de 1.500 euros

Ames. Os alcaldes de Ames e Brión, acompañados da concelleira de Promoción Económica e dos axentes de Desenvolvemento Local de ámbolos dous concellos, visitaron este mércores as obras realizadas polos alumnos/as-traballadores/as do obradoiro de Emprego Renova Ames-Brión III co-financiado pola consellería de Emprego e Igualdade. A visita tivo como obxectivo valorar as instalacións deportivas de Brión e de Bertamiráns e o propio Centro de Formación de Aldea Nova.

Os alcalde de Ames e Brión, Xosé Miñones e Pablo Lago, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz e os axentes de Desenvolvemento Local de ámbolos dous concellos comprobaron sobre o terreo as vantaxes enerxéticas que obteñen varias instalacións municipais de ámbolos dous concellos despois das obras realizadas a través deste obradoiro. As instalacións deportivas do campo de fútbol de Bertamiráns, onde se instalaron paneis de produción eléctrica para auto abastecemento dos vestiarios, o pavillón polideportivo de Bertamiráns, ao que se lle dotou de paneis fotovoltaicos para a produción de auga quente e sanitaria, o pavillón de deportes de Brión ao que as obras permitirán un mellor nivel de auto abastecemento eléctrico, ademais do propio Centro de Formación de Aldea Nova, onde tamén se instalaron paneis para consumo eléctrico propio, foron os obxectivos da visita.

Malia a parada obrigada dos meses de confinamento, o alumnado-traballador do obradoiro de Emprego RenoAmes-Brión III rematará o vindeiro 18 de novembro con todas as obras previstas no proxecto inicial concluídas coas adaptacións e recolocacións que xurdiron durante os meses que durou o proxecto. Participaron 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión) e un equipo de 5 persoas encargouse da formación e xestión do proxecto

SUBVENCIÓNS PARA AS EMPRESAS QUE CONTRATEN ALUMNOS/AS DO RENOVA AMES-BRIÓN III. O obradoiro Renova Ames-Brión III ten como obxecto a cualificación e inserción profesional de persoas desempregadas. Os/as participantes rematan coa obtención do título de “Montaxe e mantemento de instalacións fotovoltaicas” o que, neste caso, os/as cualifica para traballar en calquera empresa relacionada co sector da enerxía fotovoltaica.

Cómpre salientar que o pasado 21 de outubro, o concello de Ames co financiamento da Xunta de Galicia a través da consellaría de Emprego e Igualdade ditou unha orde pola que calquera empresa que contrate a algún dos alumnos/as traballadores/as deste obradoiro Renova Ames-Brión III por un período mínimo de tres meses, obterá unha subvención de 1.500 euros.

O obradoiro está co-financiado pola consellería de Emprego de Igualdade, e promovido polo Concello de Ames en colaboración co Concello de Brión.

30 oct 2020 / 11:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.